CRTVG

Buscar

A espera do paso a disposición xudicial do home que queimou e matou a súa parella

Publicado o 29/04/2021 08:16
A espera do paso a disposición xudicial do home que queimou e matou a súa parella

Está previsto que hoxe pase a disposición xudicial o home de 37 anos que presuntamente asasinou a súa parella en Tarragona. A vítima, de 50 anos, díxolles aos axentes antes de morrer que fora el quen lle prendera lume para lle acabar coa vida.

O Ministerio de Igualdade confirma que é un novo caso de violencia machista. Di que non había denuncias previas por parte da muller pero que o suposto agresor contaba con antecedentes por violencia de xénero cunha parella anterior.