A Escola de Hostalería de Vilamarín formou os tres cociñeiros ourensáns con estrela Michelin
Nestas cociñas da escola de Vilamarín formáronse os tres cociñeiros ourensáns que hoxe son estrela Michelin. Aquí recórdanos como uns alumnos con moito alento.
Co seu resaturante no Pereiro de Aguiar, Miguel González conseguiu estrearse no recoñecido club de cociñeiros con estrela.
Tamén os curmáns Daniel Guzmán e Julio Sotomayor conseguiron este ano revalidar a estrela no seu Nova na cidade de Ourense.
A súa creatividade e a aposta pola cociña ourensá elaborada con produtos da terra levounos a ser xa referentes para novos cociñeiros.
Con máis de 30 anos de historia, desta escola no IES de Vilamarín saíron grandes cociñeiros e baristas, tamén o primeiro ourensán en acadar a prestixiosa estrella Michelin, Javier González. Din que o segredo do seu éxito é a contorna rural en que se atopan e tamén a liberdade que lles dan aos alumnos para desenvolver as súas ideas na cociña.