CRTVG

Buscar

A escaseza mundial de microchips fai caer un 25 % as matriculacións previas á pandemia

Publicado o 30/08/2021 21:51
A escaseza mundial de microchips fai caer un 25 % as matriculacións previas á pandemia

A escaseza mundial de microchips semicondutores provocará que, ao peche de 2021, as matriculacións sexan uns 25 % inferiores ás rexistradas en 2019 antes da pandemia.

Son datos da Asociación de Fabricantes de Automóbiles. Nos primeiros sete meses deste ano, as matriculacións xa caeron un 18 % fronte ao mesmo mes de 2020 e un 33 % respecto a 2019.

Compañías como Stellantis, Seat ou Ford estanse a ver obrigadas a pospoñer a actividade ante a falta de determinados compoñentes electrónicos imprescindibles para a ensamblaxe dos vehículos.

Noticias web

30/08/2021