CRTVG

Buscar

A escaseza de madeira dispara o prezo e a saída de troncos para fóra de Galicia

Publicado o 18/10/2021 14:04

A madeira é das materias primas que se están a resentir da presión que a forte demanda exerce nos mercados. Hai algunha empresa, non é o caso desta, en risco de desabastecemento, pero hai unha consecuencia xeral: a carestia do produto.

Juan Busto Rodríguez, xerente de Serradoiros Rodríguez, di que "nos últimos 5 ou 6 meses subiron un 30 ou 40 por cento. De momento a suba é asumible, non está a ser un problema moi grande, pero está máis preto de tocar teito o mercado e os problemas poden vir a partir de aí".

Unha empresa serra táboas de piñeiro para embalaxes e palés. Vende para catro países europeos e ten provedores fieis que lle garanten subministración. Pero a situación internacional fai que serradoiros de fóra merquen en Galicia máis madeira en bruto. En consecuencia, sobe o prezo aquí.

"Está habendo máis presión sobre a materia prima, sobre o tronco. Está marchando moito para Portugal, Cantabria, Castela. Un dos problemas de agora vén derivado basicamente diso. Está saíndo tanta madeira sen serrar como a que se serra aquí en Galicia. Marcha para outros sitios que poden pagar máis pola madeira e nós temos que abastecernos ao cen por cento de aquí", explica Busto Rodríguez.

Segundo este profesional integrado en Fearmaga, a Federacion Galega de Serradoiros e Ramatantes de Madeira, o mercado empeza a ser reaccionario a tanta suba no prezo.

Noticias web

18/10/2021