CRTVG

Buscar

A erupción dun volcán deixa quince mortos e centos de edificios destruídos no leste do Congo

Publicado o 24/05/2021 08:53
A erupción dun volcán deixa quince mortos e centos de edificios destruídos no leste do Congo

Na República Democrática do Congo, son xa 15 as persoas mortas por causa da erupción do volcán Nyiragongo, no leste do país africano. Nove das vítimas faleceron a consecuencia dun accidente de tráfico cando fuxían do fluxo de lava que destruíu centos de vivendas e edificios públicos.

A destrución afecta dezasete das localidades máis próximas ao volcán. O Nyiragongo, un dos volcáns máis activos do mundo, entrou de novo en erupción o sábado á tarde. Na anterior, ocorrida en 2002, obrigou a evacuar máis de 300.000 persoas e preto de duascentas perderon a vida.

Noticias web

24/05/2021