CRTVG

Buscar

A erupción do Cumbre Vieja entra no que os vulcanólogos chaman "fase madura"

Publicado o 06/10/2021 14:29

A actividade do Cumbre Vieja segue monitorizada minuto a minuto na procura de calquera sinal de alarma. Estes son membros da Unidade Militar de Emerxencias recollendo mostras de lava.

E estoutros do Instituto Vulcanolóxico de Canarias. Aínda que pareza incrible, en certas zonas as coadas solidificadas ofrecen ás veces protección suficiente para poder tomar mostras sen verse afectados polas altas temperaturas.

O volcán continúa expulsando lava, gases e piroplastos, aínda que esta mañá baixou o ritmo de actividade explosiva. Reduciuse tamén a cadencia dos movementos sísmicos.

Os expertos opinan que a erupción podería estar entrando no que se denomina fase madura, que non quere dicir que o final da emisión de lava estea próximo.

Imposible predicir o final da erupción. Pero a experiencia apunta a que Cumbre Vieja podería manterse activo entre un e tres meses.

Dramáticas consecuencias para a economía da illa. Non só na agricultura. Tamén no turismo.

A lava de momento discorre sobre o sendeiro de destrución que deixou a coada que chegou ao mar e non se detectaron novas bocas.

Noticias web

06/10/2021