CRTVG

Buscar

A enxeñosa idea dun bar de Ribadeo: un belén de seis metros instalado na barra

Publicado o 20/12/2020 16:57

Agora que a pandemia impide usar a barra do bar en moitos concellos galegos, hai quen decidiu darlle un uso diferente. É o caso do restaurante Marinero, no porto de Ribadeo. Os seus propietarios decidiron alegrarlles o Nadal aos seus clientes cun belén montado en plena barra que mide case seis metros de longo. O nacemento ten unha funcionalidade dobre. Por un lado, ambienta o local e, por outro, facilita o cumprimento da normativa. 

 

 

Noticias web

20/12/2020