CRTVG

Buscar

A enxeñeira Amparo Alonso Betanzos, premiada co María Josefa Wonenburguer 2020

Publicado o 30/12/2020 15:16

Emocionada, recolleu o premio María Josefa Wonenburguer, un galardón que recoñece as traxectorias máis relevantes das mulleres que traballan nos sectores da ciencia e da tecnoloxía.

"Paréceme moi importante que o goberno teña estes premios para que as nenas se sintan reflexadas, para que poidan querer ser o que ven aí", recoñece  Amparo Alonso Betanzos, catedrática na Facultade de Informática da USC.

Amparo Alonso Betanzos recibiunos na súa casa natal en Coruxo e faloumos do papel importante que a intelixencia artificial, que é o seu campo de traballo, xogou neste ano marcado pola pandemia.

"Nós traballamos en intelixencia artificial que é a disciplina de  facer que as máquinas poidan reproducir comportamentos intelixentes humanos. Utilizando intelixencia artificial é como puideron descifrar máis rapidamente  a forma de avanzar co tipo de vacina que están utilizando", apunta Amparo Alonso Betanzos, catedrática na Facultade de Informática da USC.

Amparo, que traballa nunha facultade na que a presenza feminina nas aulas é tan só dun 13 %, reivindica a visibilización da muller do eido da ciencia.

"É importante a visualización das mulleres que traballan  nestes campos para que máis nenas e máis mulleres  se poidan sentir atraídas tamén  polo campo", reflexiona a enxeñeira química.

Amparo, que é presidenta da Asociación Nacional de Intelixencia Artificial e que traballa con datos moitos deles sensibles, defende as bondades da tecnoloxía pero tamén alerta dos perigos que supón o seu mal uso e a falta de ética dalgunhas empresas do sector.

Noticias web

30/12/2020