CRTVG

Buscar

A empresa que explota o aparcadoiro municipal de Lugo acumula 6.000 euros de débeda

Publicado o 11/01/2019 14:06

Case 6.000 euros é a débeda acumulada co Concello de Lugo pola empresa que explota este aparcadoiro municipal. Leva oito anos sen pagar, sen que o Goberno local tomase ningunha medida. O Partido Popular suxire que se lle retire esta concesión, e denuncia o silencio da alcaldesa, Lara Méndez.

Antonio Ameijde, voceiro do PP no Concello de Lugo: "Probablemente porque esta decisión adoptouse no 2007 a raíz dunha Xunta de Goberno en que estaban os dous imputados por adxudicacións irregulares, tanto o ex-alcalde López Orozco como o concelleiro Fernández Liñares, e a terceira imputada, a alcaldesa Lara Méndez, imputada por malversación de fondos públicos, probablemente estea encubrindo esta manobra do seu partido".

En resposta á denuncia do PP, o Goberno local di que xa había en marcha unha inspección tributaria sobre este asunto.

Miguel Fernández, voceiro do goberno local de Lugo: "Os técnicos están traballando e nos informan que debemos agardar a resolución e que debemos incluso ter certo sixilo ata que cheguen as conclusións dos técnicos".

Os populares pregúntanse por que o Goberno municipal non tomou medidas se realmente era coñecedor destas faltas de pagamento.

Noticias web

11/01/2019