A empresa Dia anuncia 2.100 despedimentos despois de perder 352 millóns de euros
Publicado o 08/02/2019 17:10
A cadea de supermercados Día anuncia un despedimento colectivo que podería afectar ata 2.100 traballadores en España. Este venres revelou as súas contas: o ano pasado, a compañía perdeu máis de 350 millóns de euros, o que derivou no seu afundimento en bolsa e situouna ao bordo da disolución ao peche do exercicio. As vendas caeron en España, Portugal e Latinoamérica. A súa débeda disparouse ata case os 1.500 millóns de euros.