CRTVG

Buscar

A empresa de moda infantil Pili Carrera solicita a liquidación

Publicado o 28/01/2021 21:06

A téxtil Pili Carrera, fundada hai máis de medio século, solicita a liquidación. A empresa de moda infantil lograra superar o concurso de acredores en 2019.

Os problemas económicos da téxtil de Mos agraváronse por causa da pandemia. Segundo fontes do comite de empresa, a dirección comunicoulles que a situación era insostible e non tiña fondos para pagar as nóminas de febreiro.

Noticias web

28/01/2021