CRTVG

Buscar

O Tribunal Supremo do Brasil dá luz verde á Copa América

Publicado o 09/06/2021 11:31

Os partidos máis destacados, na TVG

A Televisión de Galicia emitirá a Copa América a partir do vindeiro domingo 13 de xuño. Está previsto que a competición dure ata o 10 de xullo, data da final.

A Corte Suprema do Brasil alcanzou este xoves a maioría de seis votos necesaria para permitir que a Copa América se xogue no país, co cal negou tres recursos que pedían suspender o torneo debido á pandemia de covid−19.

A decisión é xa irreversible, pois a corte ten once membros e os únicos seis que se pronunciaron ata o de agora rexeitaron as accións tentadas por partidos políticos de esquerda e un sindicato metalúrxico, que alegaban que o torneo non podería celebrarse nun país en que a pandemia continúa descontrolada. De feito, segundo os últimos datos oficiais, o Brasil suma case 480.000 mortes por coronavirus, cunha media de 1.727 decesos diarios nas últimas dúas semanas, e segundo os especialistas está ás portas doutra onda pandémica, a cal coincidirá coa Copa América, que durará un mes e será inaugurada o vindeiro domingo.

 

Noticias web

09/06/2021