A embarcación galega Ares non viaxará a Zarautz esta fin de semana por un positivo por covid-19
Publicado o 12/08/2021 11:35

O equipo da comarca de Ferrol CR Ares non participará esta fin de semana na dobre xornada da Liga ACT en Zarautz, por un caso positivo no seu cadro de remeiros.
A embarcación galega notificou o positivo por covid-19 nunha proba realizada a un deportista, polo que, seguindo as indicacións dos protocolos de actuación da ACT e as autoridades sanitarias, terán que facer corentena.
Coa permanencia a tiro de pedra, as tres embarcacións galegas buscan agora clasificarse para á Concha.
A semana pasada vivimos unha dobre xornada en Galicia. Tirán achegouse a 7 puntos da permanencia, Ares gañou a súa tanda os dous días e Cabo da Cruz non tivo motivos para celebrar diante da súa afección.