CRTVG

Buscar

A emancipación dos mozos descende ao 17% a causa da pandemia

Publicado o 26/11/2020 20:53

A crise económica causada pola Covid-19 volve golpear con dureza os máis novos. De feito, este ano a emancipación dos mozos caeu un 17 por cento, o peor dato desde 2001. As causas están na baixada da ocupación e unha caída en picado da contratación, o que dificulta aínda máis o acceso á vivenda. Así o di un estudo do Observatorio de Emancipación da Xuventude

"Para calibrar a caída da emancipación que sucede neste 2020 hai que ter en conta que a emancipación tanto cando subía coma cando baixaba tiña un comportamento relativamente gardual. Porén, encontrámonos con que a baixada da emancipación que ococrre neste 2020 foi tan acelerada só como a que ocorreu no ano 88", sinala o coordinador do estudo.

O estudo constata que a pandemia afectou especialmente o mercado laboral das persoas novas, actualmente tres de cada dez teñen un emprego e deles polo menos un terzo o están en situación de ERTE.

Noticias web

26/11/2020