CRTVG

Buscar

A EMA mantén que o beneficio da vacina de Janssen é superior ao risco

Publicado o 14/04/2021 16:07
A EMA mantén que o beneficio da vacina de Janssen é superior ao risco

A Axencia Europea de Medicamentos (EMA) asegurou este mércores que espera emitir unha recomendación sobre Janssen "a próxima semana" e subliñou que, aínda que a súa investigación dos casos inusuais de coagulación sanguínea segue en marcha, "mantén a opinión" de que os beneficios da vacina superan os seus riscos.

O regulador europeo "acelerou" a súa avaliación dos seis casos de tromboembolismos raros rexistrados tras a vacinación con Janssen nos Estados Unidos, unha investigación que iniciou a semana pasada, antes de que as autoridades sanitarias estadounidenses recomendasen suspender temporalmente o uso desta vacina.

A EMA, que decidirá a próxima semana "se é necesaria unha acción reguladora" en relación co uso desta vacina na Unión Europea (UE), lembra que os Estados Unidos administraron máis de 6,8 millóns de doses de Janssen.