CRTVG

Buscar

A eléctrica galega Xenera estuda entrar en Portugal

Publicado o 30/01/2019 14:45

Cunha represa da Miudiña en Tomiño comezou a comercializar enerxía hai 122 anos a empresa orixinaria de Xenera. Daquela tiña un ámbito moi local sobre todo na cidade de Tui. Neste máis dun século de vida os tempos mudaron e tamén a súa estratexia comercial. Abranguen toda España, teñen 27.000 clientes en todas as provincias, 5.000 deles son empresas.

A súa expansión máis forte foi nos últimos dez anos e seguen medrando coa impactante campaña da vaquiña. Neste tempo tiveron que duplicar o seu cadro de persoal. A longo prazo non desbotan o mercado internacional, comezando polo próximo Portugal.


 

Noticias web

30/01/2019