CRTVG

Buscar

Telexornal Serán

A educación emocional é fundamental para evitar cadros de tensión e ansiedade

Publicado o 16/05/2018 21:23

A falta de control das emocións pode derivar en estados de estrés, depresión e ansiedade e mesmo en problemas físicos. Por ese motivo cada vez se realizan máis actividades de educación emocional, en que se dan as ferramentas para saber liberar os bloqueos emocionais. Nós asistimos a unha delas.

O obxectivo deste curso é o de descubrir as chaves e as ferramentas que temos para xestionar as emocións e que posibilita vivir con menos ansiedade. Esa xestión, segundo os psicoterapeutas, conséguese coa actitude que adoptamos ante as nosas emocións.

"O vitimismo en moitos casos deriva de situacións de tristura, de culpa, que non foron xestionadas emocionalmente dunha maneira consciente. Outros, non só o vitimismo, as depresións tamén aparecen despois dun longo tempo en que non foi posible xestionar correctamente as emocións", afirma Dulcina Gómez Araujo.

Os especialistas coinciden en que a educación emocional debería impartirse como materia máis nas escolas, como parte da formación con vistas ao futuro dos nenos. Afirman que cada vez son máis as empresas que poñen en valor a intelixencia emocional.

"Se as nosas emocións non están ben xestionadas, dalgunha maneira, o que fai é crear moitas veces situacións onde perdemos o control, onde a nosa profesionalidade dalgunha maneira é moito máis inferior!, di Dulcina Gomez Araujo.

Neste curso fixéronse tamén prácticas de relaxación e respiración, técnicas básicas para aprender a controlar as emocións.

Telexornal Serán

16/05/2018