CRTVG

Buscar

O IPC sobe en abril dúas décimas

Publicado o 30/04/2019 11:11
O IPC sobe en abril dúas décimas

A economía medrou un 0,7% nos tres primeiros meses do ano, unha décima por riba do trimestre presente grazas ao aumento do investimento empresarial e á resistencia do consumo, que compensaron a caída da demanda externa. O Instituto Nacional de Estatística avanzou que a economía rexistou un incremento interanual do 2,4%.

O índice de prezos ao consumo medrou no último mes dúas décimas máis ca en marzo, empurrado polo incremento do turismo en Semana Santa. O INE destaca que o prezo dos paquetes turísticos aumentaron en abril fronte á baixada de 2018. En tasa mensual, o IPC de abril medrou un 1% respecto do mes anterior, cando se situou nun 0,8%.