CRTVG

Buscar

A economía galega volve á senda positiva ao crecer un 17,5 % no segundo trimestre

Publicado o 27/08/2021 10:20
A economía galega volve á senda positiva ao crecer un 17,5 % no segundo trimestre
EP

O produto interior bruto (PIB) de Galicia volveu á senda positiva no segundo trimestre ao experimentar un crecemento do 17,5 % en relación co mesmo período de 2020, o seu mellor rexistro da serie histórica, segundo destaca a Xunta, despois de cinco trimestres de caídas interanuais.

Así, a Consellería de Facenda resalta que a taxa interanual volve ser positiva "por primeira vez desde o inicio da pandemia da covid". En canto á taxa intertrimestral, o PIB galego creceu un 3 % entre abril e xuño, dúas décimas máis que a media estatal, segundo reflicten os datos da contabilidade trimestral que publica este venres o Instituto Galego de Estatística (IGE).

Noticias web

27/08/2021