A economía española medrou un 2% en 2019
Publicado o 31/01/2020 12:20
A economía española medrou un 2% en 2019. É o menor avance en cinco anos e supón unha freada de case medio punto respecto ao ano anterior.
A cifra, avanzada polo INE, supón unha décima menos de crecemento do que prevía o Goberno.
O consumo e os investimentos contribuíron ao crecemento cun punto e medio e as exportacións achegaron catro décimas.
A economía española tocou teito en 2015 cun crecemento dun 3,8 e dende entón foi baixando. Con todo segue case un punto por riba da media de crecemento da zona euro.