A economía española medrou un 2,8 % no segundo trimestre
Publicado o 30/07/2021 14:42

A economía española medrou un 2,8 % no segundo trimestre. A fin do estado de alarma e doutras restricións impulsaron o crecemento entre abril e xuño, segundo os datos do INE, fronte ao primeiro trimestre, no que caera a economía. Na comparación interanual, a suba do PIB é dun 19,8 %, o maior avance rexistrado nunca en España, xa que a comparación é cos meses máis duros da pandemia.
E por outro lado, baixou o déficit do Estado, case un 26 % nos primeiros seis meses do ano. Está en 35.600 millóns, que equivalen ao 3 % do produto interior bruto. O recorte do déficit foi posible grazas a un aumento dos ingresos do 15 %, mentres que se mantiveron sen cambios os gastos.