CRTVG

Buscar

A DXT veta as máscaras escuras para evitar copiar nos exames do carné de conducir

Publicado o 19/10/2021 16:35

A picaresca non ten límites, e senón atendan á seguinte historia: en Badaxoz a DXT tivo que prohibir o uso de máscaras escuras nos exames teóricos de conducir para evitar que os alumnos copien.

Ocultaban baixo o cubrebocas dispositivos electrónicos para asegurar as respostas do exame. Foi en Badaxoz onde, ao descubrir os alumnos facendo a trampa, a DXT decidiu actuar, pero a medida podería estenderse ao resto de España.

De momento, o que chegou ás autoescolas é unha circular para que se recomende aos alumnos non usar este tipo de máscaras. Coa nova lei de tráfico, os alumnos que sexan pillados copiando serán multados con 500 euros e unha penalización de seis meses para poder volver presentarse ao exame. Aquí en Galicia non se deu ningún caso e na rúa poucos se atreverían con tal ousadía.

Noticias web

19/10/2021