A DXT prevé substituír en cinco anos os triángulos por sinais luminosos
En cinco anos despedirémonos para sempre dos triángulos que utilizamos para sinalizar os accidentes de tráfico. A DXT prevé substituílos por sinais luminosos que se colocarán sobre o capó, de xeito que evitaremos baixar do vehículo.
Máis de vinte persoas, sete delas en Galicia, morreron o ano pasado atropeladas despois de baixar dos seus vehículos accidentados para colocar os triángulos e esperar asistencia. Para evitar este tipo de sinistros, a DXT abre un período de transisión de 5 anos en que estes sinais se irán substituíndo por sirenas imantadas que se poderán colocar na parte superior do vehículo. Uns dispostitivos que xa existen no mercado. En 2025 xa deberían estar totalmente implantadas, para que lles poidamos dicir adeus aos triángulos.
A Garda Civil levou a cabo hai uns días unha campaña de vixilancia sobre o uso do cinto de seguridade e os sistemas de retención infantil. Froito desta campaña, acaba de facilitar fotos coma estas, desde un rapaciño sen ningún tipo de retención que circulaba tombado sobre o asento dianteiro, ata outro caso especialmente rechamante: un turismo ocupado por cinco mozos, en que dous pasaxeiros compartian o uso do mesmo cinto no asento traseiro.