CRTVG

Buscar

A DXT lembra a importancia de respectar a distancia entre vehículos ante colisións e freadas bruscas

Publicado o 22/10/2021 16:28

Sabemos que ao volante debemos deixar espazo suficiente entre vehículos para poder deternos en caso de freada brusca ou adiantar con seguridade. É a teoría, despois está a práctica

A distancia entre vehículos debe aumentar a máis velocidade e se o estado da estrada non é óptimo. Non facelo pode traer graves consecuencias

A DXT lembra estes días a importancia desta norma e dá trucos aos condutores a traves das redes para cumprila. Facelo salva vidas e aforra sancións que poden ir ata os 500 euros e a retirada de 6 puntos

Noticias web

22/10/2021