A DXT inicia unha campaña de control de camións e autobuses e revisa os elementos de seguridade
A DXT iniciou hoxe unha campaña de inspección de camións e autobuses. O obxectivo é comprobar que estes vehículos e os seus condutores circulan en condicións de seguridade, xa que, en caso de accidente, acostuman ser máis graves polas dimensións deste tipo de transportes.
Os axentes vixiarán a velocidade á que circulan os camións, realizarán controis de alcolemia, inspeccións de tacógrafos e revisarán os elementos de seguridade destes vehículos que, despois dos turismos, son os máis numerosos dos que circulan polas estradas e que ademais están implicados no 16% dos accidentes con vítimas.
Esta campaña de control, que ademais do transporte de mercadorías tamén afecta aos autobuses, estenderase ao longo de toda esta semana en diferentes estradas españolas.