CRTVG

Buscar

A DXT empregará 39 drons para vixiar as estradas españolas a 120 metros de altura

Publicado o 06/07/2021 20:13

Tráfico distribuíu xa os 39 drons que vixiarán as estradas españolas este verán. O ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, asistiu esta tarde a unha demostración de como funcionan estas aeronaves. Voarán a unha altura de 120 metros e utilizaranse para detectar condutas temerarias e vixiar as estradas de maior risco. Apoiarán así o labor dos 12 helicópteros cos que xa conta tráfico.
 

Noticias web

06/07/2021