CRTVG

Buscar

A DXT comeza a multar por circular polo carril esquerdo

Publicado o 02/09/2021 15:30

A maior parte dos condutores padecen a chamada síndrome do carril esquerdo. Son 60 por cento de condutores que ocupan a esquerda da calzada. Eles poderían recibir algunhas desas multas que está a comezar a poñer a DXT.

É obrigatorio circular polo carril da dereita sempre que estea libre. Só se debe empregar o esquerdo se quere adiantar, tomar unha saída ou no caso de gran densidade de tráfico.

Outra práctica habitual é adiantar pola dereita a coches que circulan lentos pola esquerda. Unha infracción grave tamén con consecuencias para o noso peto.

 

Noticias web

02/09/2021