A dobre vara de medir do VAR co Celta
Publicado o 26/04/2021 15:03
O Celta vivirá un final de liga tranquilo malia que a confusión arbitral achegou outro episodio de ficción. Nunha tarde prácida para o Celta, o colexiado e o VAR inventaron un penalti feito por Iago Aspas. Aspas salta antes que Roberto Torres. Torres teatraliza o momento e parece que ten danado o pescozo.
Curiosamente, hai quince días a Ferreyra rompéronlle os ósos do nariz e o VAR non avisou o colexiado. Por descontado, non se asubiou o máximo castigo. Difícil entender a aplicación do VAR.