CRTVG

Buscar

A directora do porto de Vigo di que o risco do Marisquiño era competencia do organizador

Publicado o 14/02/2019 21:11

Na comisión de investigación do Marisquiño continúan repartíndose as responsabilidades do sinistro. A directora da autoridade portuaria de Vigo asegurou esta tarde que o mantemento da estrutura era competencia do Concello, pero tamén sinalou os organizadores por non detectaren o risco. Beatriz Colunga dixo que o plan de prevención era moi defectuoso.

Noticias web

14/02/2019