CRTVG

Buscar

A dirección provincial do PSdeG en Ourense pide a suspensión de militancia de varios avalistas da lista de Noela Blanco

Publicado o 23/09/2021 14:56

Caballero preséntase á reelección tras consensuar as candidaturas provinciais ao congreso federal agás en Ourense, onde medra a tensión no seo do partido. Hoxe a dirección provincial pide que se suspenda de militancia algúns avalistas da candidatura non oficial, a da exdeputada Noela Blanco, aos que acusan de insultar a Pedro Sánchez nas súas redes sociais.

"Efectivamente esa xente avala a unha candidata, pero independentemente diso a xente que se dedica a insultar gravemente ao Goberno e aos compañeiros do partido non merecen estar na nosa organización", Juan Carlos Francisco, secretario de Organización do PSdeG-PSOE ourensán.

Noela Blanco desautoriza os seus críticos e di que é hora de que se elixa unha nova executiva local tras máis de dous anos en mans dunha xestora.

"Non se entende que este domingo os 1400 militantes da provincia de Ourense podan votar para elexir delegados ao Congreso ao tempo que se lles segue impedindo aos máis de 500 militantes da cidade de Ourense elexir a dirección política", di a exdeputada Noela Blanco.

O secretario xeral dos socilistas, Gonzalo Caballero evitou referirse a esta nova confrontacion.

"Estou centrado nun Congreso Nacional que ten que ser o da integración e a unidade para fortalecer o PSdeG", di Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG-PSOE.

As votacións para elixir cal das dúas candidaturas irá ao congreso serán o domingo.

Noticias web

23/09/2021