CRTVG

Buscar

O hotel de Sanxenxo denunciado por unha suposta festa ilegal nega os feitos

Publicado o 02/01/2021 23:20

Respecto á suposta festa ilegal celebrada nun hotel de Sanxenxo, a dirección do establecemento emitiu hoxe un comunicado onde nega os feitos por tratarse exclusivamente dunha cea sen baile para os clientes aloxados, en que, segundo apuntan, non se incumpriron as normas de seguridade.  

A propia dirección do hotel lamenta a situación que viviron os seus clientes aloxados esa noite e as circunstancias de control que se levaron a cabo na porta do edificio. Falan dunha cea en que se garantiron todas as medidas de protección contra a covid-19. Nesa cea participaron as 42 persoas que estaban aloxadas e despois dela non houbo baile nin barra libre.

A Policía Local fala dunha vintena de denuncias despois de comprobar a procedencia dos hóspedes. Cómpre lembrar que Sanxenxo está pechado perimetralmente.

Noticias web

02/01/2021