A dieta atlántica, máis rica en peixe e marisco, igual de saudable que a mediterránea
Publicado o 28/05/2021 23:12
A dieta mediterránea está recoñecida pola UNESCO como Patrimonio cultural inmaterial da Humanidade desde hai máis de 10 anos. Está baseada en produtos frescos e de temporada ao igual ca dieta atlántica.
Na súa consulta, a nutricionista Carolina Mosquera conta cunha cociña onde imparte obradoiros para aprender a comer con receitas saudables.
Mais que obsesionarse co que inxerimos ou deixamos de comer di que o aconsellable é realizar o que se chama unha alimentación consciente.
É por iso que en tempos de pandemia máis ca nunca se poñen en valor dietas coma a nosa, a atlántica.