A Devesa da Rogueira, no Courel, primeiro bosque da Península que certifica a conservación da súa diversidade
A Devesa da Rogueira, no corazón da serra do Courel, converteuse no segundo bosque de Europa que recibe a certificación da organización internacional FSC pola súa xestión sustentable dos recursos e pola conservación dunha biodiversidade única. Esta distinción, que premia as boas prácticas silvícolas dos comuneiros, abre a porta á posibilidade de recibir investimentos, tanto públicos como privados, que axuden a manter a extraordinaria riqueza natural das máis de 600 hectáreas deste monte veciñal.
A variedade de solos e de altitudes da Devesa da Rogueira fan que este bosque sexa o de maior biodiversidade de toda a Península Ibérica. Nas máis de 300 hectáreas correspondentes ao refuxio de fauna hai unhas 300 especies vexetais, entre as que destacan os castiñeiros, os teixos ou as faias.
A recolección das castañas dos soutos e a cría de gando vacún figuran entre os principais aproveitamentos deste bosque. Ademais, os comuneiros estudan a posibilidade de criar tamén porco celta.