CRTVG

Buscar

A pandemia obriga a pechar a lonxa de Campelo

Publicado o 18/01/2021 20:59

Tentarán recuperar en canto poidan os quilos que deixaron de apañar neste día perdido, pero unha quincena de embarcacións das agrupacións de Pontevedra, Raxó e Lourizán xa están buscando outras lonxas onde vender provisionalmente. Ata a semana que vén, o calendario do plan de explotación da Ría de Pontevedra non fixa o regreso ao marisqueo.

Os positivos de dous empregados e as corentenas dos compañeiros que son contactos directos levaron ao consello de administración da lonxa de Campelo a clausurar a instalación por falta de persoal. O propio presidente e patrón de Raxó é un dos casos activos.

As tres confrarías solicitaron ao Sergas, a través da Consellería do Mar, cribados para este colectivo, que conforman unhas 600 persoas.

Noticias web

18/01/2021