CRTVG

Buscar

A destitución da concelleira de Emprego abre unha crise no Goberno municipal da Coruña

Publicado o 11/11/2020 15:07

Abriuse unha fenda no Goberno municipal da Coruña tras o cesamento fulminante da concelleira de Emprego e secretaria local do PSOE por parte da alcaldesa da cidade.

Inés Rey acusa a Eva Martínez de absentismo laboral e de manter unha actitutude obstrucionista e desafiante.

É unha decisión firme, sen volta atrás, di a alcaldesa da Coruña, que vén motivada pola falta de compromiso, da ata o de agora responsable de Emprego, coa cidade.

De fondo está a situación interna da agrupación socialista coruñesa que preside Eva Martínez Acón, próxima á liña de Gonzalo Caballero.

A concelleira cesada defende que as discrepancias se limitan a un asunto orgánico relacionado co pagamento das cotas ao partido.

Eva Martínez Acón xa confirmou que vai seguir mantendo a súa acta de concelleira na corporación municipal.

Noticias web

11/11/2020