CRTVG

Buscar

Ourense celebra o Día da Galicia Mártir na casa natal de Alexandre Bóveda

Publicado o 17/08/2019 17:10

Nun acto promovido pola Deputación, Ourense celebrou tamén, por primeira vez, o día da Galicia Mártir.

Fronte á casa na que naceu Alexandre Bóveda, a súa filla, e presidenta da Fundación que leva o seu nome, participou nunha ofrenda floral canda o presidente da Deputación, Manuel Baltar, quen definiu a Bóveda coma un home moderno, intelixente e fiel a Galicia.

Na súa intervención, Baltar instou novamente ao Parlamento de Galicia a institucionalizar o 17 de agosto como homenaxe aos que foron represaliados por defender os dereitos do pobo galego.

Noticias web

17/08/2019