CRTVG

Buscar

A densidade poboacional e a mobilidade inflúen na transmisión do virus

Publicado o 11/03/2021 14:59

As condicións sociodemográficas da Coruña fan que manteña unha taxa de incidencia preocupante.

"Permanece claramente a situación de risco. Sabemos que a mobilidade é o factor máis relevante xunto coa proximidade na transmisión da Covid. Tamén as novas cepas. A que máis preocupa agora é a variante británica cunha porcentaxe moi preto ao cen por cento", explica Pilar Farjas, membro do comité clínico.

Porén, na Coruña cidade existen tamén outros factores vencellados a condicións concretas da poboación.

"Por exemplo, o barrio do Venorrilo ten a renda per cápita máis baixa de toda a Coruña. As condicións de habitabilidade ou a zona da  Agra do Orzán que ten a porcentaxe da poboación inmigrante máis importante de Galicia son focos", engade Pilar Farjas.

Todas estas circunstancias fan necesario dirixir e focalizar a investigación nos grupos de idade e nos distritos da cidade onde se está a producir a maioría da transmisión.

Segundo os últimos datos do Sergas, na área sanitaria da Coruña hai 1.133 casos activos e 129 hospitalizados, deles 28 están nas UCI. Unhas cifran que seguen preocupando.

Desde o comité clínico indican que a única maneira de sacar o virus da circulación é illando precozmente aos infectados. Por iso, mañá venres, nesta explanada de Riazor, comeza o cribado masivo mediante o test de saliva a uns 153.000 cidadáns de idades comprendidas entre os 18 e os 60 anos.

Noticias web

11/03/2021