CRTVG

Buscar

A demanda de vehículos de ocasión fai que comecen a escasear

Publicado o 08/10/2021 20:44

É unha das moitas transaccións que se pecharon xa neste salón do vehículo de ocasión e que constatan a alta demanda de coches de segunda man, seminovos ou quilómetro cero. "Polo tema económico, tal e como está hoxe, e a oportunidade. Había un aforro de 3 mil euros... e moi contento", comenta un comprador

Jorge Rúa, xefe vendas PSA Ourense, asegura que deste xeito "tes a posibilidade que a entrega é inmediata e no tes a tardanza dun novo". Tardanza de ata varios meses debido os problemas de fabricación pola falta de semicondutores. "Si, hai bastante lista de espera", comenta unha muller. "Ademais co tema da covid subiu todo moito entón mellor buscar un máis baratiño", afirma un mozo.

No que levamos de ano vendéronse en Galicia máis de 87 mil coches de ocasión, preto dun 12 por cento máis que o ano anterior. Jorge Rúa, Xefe vendas PSA Ourense: "nalgúns momento chegou a ser incluso superior a demanda do seminovo que a do novo per tamén vai escaseando tamén o vehículo seminovo."

Quince concesionarios amosan en Expourense máis de 350 coches de ocasión con prezos que van dende uns 7 mil euros ata os máis de 140 mil dalgún vehículo de alta gama. O aforro respecto a un novo pode chegar ata os 10 mi euros, aínda que a media de aforro está nos 4 mil.

Noticias web

08/10/2021