A delegada da Xunta en Vigo pídelles aos accionistas de Barreras que lideren unha solución para o estaleiro
Publicado o 19/11/2019 14:40
Unha representación do comité de empresa de Barreras mantivo unha xuntanza coa delegada da Xunta de Galicia en Vigo.
Corina Porro dixo que compartía a lóxica preocupación dos traballadores e recordou a liña de axudas ás empresas auxiliares, por valor de 18 millóns de euros, que vén de anunciar o goberno galego. Con todo, instou os accionistas a chegar a un acordo que asegure os contratos que o estaleiro ten en vigor.
Este serán prosegue en Madrid a rolda de xuntanzas entre propietarios, aseguradoras, Xunta, Pymar e Ministerio de Industria.