A defensa da Manada valora recorrer ante o Tibunal Constitucional a condena por violación
Ás portas do carcere de Sévilla 1, onde intentou visitar os seus defendidos, Agustín Martínez Becerra dixo que de momento está á espera de recibir a sentenza do Supremo, na que se basea a condena dos membros da Manada a 15 anos de prisión por violación, para presentar un recurso ante o Constitucional. Esta mañá, o letrado intentaba visitar os seus defendidos na prisión pero non tramitou a tempo o permiso e deberá agardar ao luns.
"Aínda non temos a sentenza de momento so temos o fallo e non quero facer como moitos políticos fixeron ao longo deste procedemento que é comentar os fallos sen ler a sentenza. Imos a intentar ser prudentes, ler a sentenza e a partir de aí valorar", afirma o avagado.
Considera que se vulnerou a presunción de inocencia dos seus defendidos durante todo o proceso. Mantén que ningún dos cinco membros do grupo tiña intención de fuxir da xustiza. E di que "non é normal que te deteñan ser ter comunicado a sentenza, non é normal que de maneira inmediata non che deixen un mínimo prazo de 24 , 72 horas, unha semana para presentarte de xeito voluntario"
Martínez Becerra non quixo pronunciarse sobre o traslado dos cinco condenados a outra prisión, que se vai producir nos próximos días ao ser o de Sevilla 1, un cárcere para cumprir penas menores.