CRTVG

Buscar

A decoración de Nadal nas rúas anima o comercio local

Publicado o 24/11/2020 14:17

As luces de Nadal están xa listas para o acendido nas rúas de moitas cidades e semella que, aínda apagadas, están animando a xente ao consumo.

Os comerciantes cren que a xente está desexando saír á rúa e que o confinamento fai que a decoración de Nadal sexa unha vía de escape dentro dos fogares.

O pulo das ofertas do Black Friday tamén está a animar o consumo. Malia todo, o comercio local precisa da axuda de todos para poder saír adiante.

 

Noticias web

24/11/2020