CRTVG

Buscar

A débeda pública rexistra un novo récord no primeiro trimestre co 125,3 % do PIB

Publicado o 11/06/2021 10:21
A débeda pública rexistra un novo récord no primeiro trimestre co 125,3 % do PIB

Novo récord da débeda pública no primeiro trimestre de 2021, tras chegar os 1.392.733 millóns de euros, un 125,3 % do PIB, segundo os datos que este venres publicou o Banco de España.

A débeda do conxunto das administracións públicas tras o peche de marzo superaba en 47.293 millóns a de 2020, que xa fora un máximo histórico tras un exercicio marcado pola pandemia e a incorporación ao perímetro público das contas da Sareb.

O dato publicado este venres revisa lixeiramente á alza o adiantado o pasado 18 de maio correspondente ao mensual de marzo, 1.392.696 millóns, o 125,3 % do PIB.

As comunidades autónomas tamén incrementaron o seu endebedamento no primero trimestre, ata os 307.316 millóns. 

Noticias web

11/06/2021