CRTVG

Buscar

A débeda pública disparouse en marzo ata o 125 % e roza os 1,4 billóns

Publicado o 18/05/2021 15:20
A débeda pública disparouse en marzo ata o 125 % e roza os 1,4 billóns

A débeda pública marcou un novo máximo histórico en marzo. Repuntou ata o 125,3 por cento do produto interior bruto, e xa roza os 1,4 billóns de euros, unha cifra que nunca antes se rexistrara.

A débeda do conxunto de administracións públicas aumentou un 1,9 por cento respecto do mes anterior, como consecuencia do maior gasto e dos menores ingresos derivados da crise do coronavirus, segundo datos do Banco de España.

Noticias web

18/05/2021