CRTVG

Buscar

A débeda pública cae por primeira vez en seis meses

Publicado o 18/06/2021 11:15
A débeda pública cae por primeira vez en seis meses

A débeda do conxunto das administracións públicas rexistrou en abril a súa primeira caída mensual en seis meses, cun descenso do 0,2 % respecto ao mes anterior, restando nun mes 3.431 millóns de euros, ata chegar os 1,38 billóns, segundo os datos publicados este venres polo Banco de España.

Foi no mes de marzo cando a débeda rexistrou o seu máximo histórico, con 1,39 billóns de euros. O dato no primeiro trimestre superou o obxectivo do Goberno para todo o ano (119,5 %).

Respecto a abril do 2020, a débeda pública incrementouse en 153.849 millóns de euros pola crise do coronavirus. Esta baixada no mes de abril é debido á caída do endebedamento do Estado. Tanto as comunidades autónomas como as corporacións locais aumentaron a súa débeda en abril.

Noticias web

18/06/2021