A debate o gasto na iluminación de Nadal en plena pandemia
Iluminación de Nadal, si ou non? O debate xorde nas redes sociais, pero xa está na rúa.
"Polo menos que vexamos que é Nadal, xa que non podemos ter contacto, senón que facemos, morremos de pena". "Con tanta tristura que hai non deixa de ser algo puntual e da ledicia", din os que apostan por mantela.
Vigo é a segunda cidade española que máis gasta nas luminarias, un millón de euros.
"Eliminala ou reducir o gasto un 90 por cento", aseguran quen cre que non estamos para luces.
Coa pandemia golpeando a economía de moitos sectores, son moitas as voces que reclaman destinar estes cartos ao gasto social.
"Pareceme moi triste que gastemos millóns na iluminación e a xente para cobrar unha axuda vólvese tola". "Que destinen os cartos á hostalería".
Pero o apagado das luces tamén traería consecuencias económicas, as das empresas de iluminación que xa perderon as instalacións das festas e verbenas. Luces e sombras para un Nadal en pandemia.