A de Trabada e o de Cerdedo-Cotobade, exemplos dos alcades máis novos do rural galego
Publicado o 28/06/2019 15:27
Unha é da provincia de Lugo, outro da de Pontevedra. A primeira, socialista, e o segundo, popular. Ambos repiten lexislatura con 30 anos acabados de facer. Ambos iniciáronse con 22 anos en política. Ambos, preocupados polo despoboamento e o estado do campo galego.
Mayra García renova alcaldía en Trabada, Lugo, un concello que en 2015 pasou de mans do Partido Popular a mans do Partido Socialista.
En Cerdedo-Cotobade, Pontevedra, o cambio político foi á inversa. No 2011 pasa de mans do PSOE ás do PP, con Jorge Cubela. Ambos apostan pola vivenda e o emprego.
Vese que, entre pacto e pacto, o rural galego segue presente como reto e loita pola súa supervivencia.