A DANA provoca grandes inundacións e mantén en alerta o litoral mediterráneo
Menorca desde o aire, desde que a última chuvia torrencial desbordaron ríos, inundaron leiras, anegaron barrancos e sementaron o caos. A auga arrastrou lama e acabou por tinguir o mar de cor marrón. En 24 horas rexistráronse nas Baleares 112 incidencias.
Xa en terra vemos os estragos que tamén a chuvia torrencial provocou na localidade cordobesa de Lucena. A tromba de auga deixou aquí 53 litros por metro cadrado nunha hora. Con forza parecida caeu en Xaén, este mércores avalíanse os danos mentres se limpan de lodo rúas e entradas ás casas.
Na localidade granadina de Alomartes 50 coches foron arrastrados pola riada. Nesta provincia o desbordamento do río Milanos inundou camiños e varias familias tiveron que ser rescatadas das súas casas.
A DANA tamén deixou inundacións en Barcelona, da localidade de Teia chega esta imaxe en que un motorista intenta recuperar a súa moto a risco de que a auga o arrastre a el tamén.
Practicamente todo o litoral mediterráneo, coas illas Baleares continua en alerta polas fortes chuvias. É probable que o aviso se estenda ata o xoves, cando a DANA chegue tamén a Aragón , Estremadura e Andalucía occidental.