CRTVG

Buscar

A cultura galega despide o dramaturgo e editor coruñés Francisco Pillado

Publicado o 13/08/2021 09:55
A cultura galega despide o dramaturgo e editor coruñés Francisco Pillado

A cultura galega despide o dramaturgo e editor coruñés Francisco Pillado, que morreu aos 80 anos. Na súa traxectoria destaca a creación de varios grupos de teatro galegos e tamén estivo á fronte da Escola Dramática Galega.

No eido editorial, estivo á fronte de múltiples publicación, entre a que destaca Laiovento. Pillado era membro da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega e deixa un recordo especial aquí na CRTVG, xa que foi membro do Consello de Administración.

Noticias web

13/08/2021