A CRTVG en tempos de teletraballo e corentena
A crise que vivimos obrigounos a cambiar tantas cousas que todos os días nos sorprendemos con algunha nova forma de facer. Hoxe, queremos amosarlles como cambiou a rutina nesta casa, como nos tivemos que adaptar para seguir estando con vostedes xornada tras xornada. Con medidas de seguridade reforzadas e telexornais feitos en parte desde a casa.
Nova paisaxe na Corporación Radio e Televisión de Galicia. Un servizo público que non para, pero agora cada xornada ten que abrirse paso con máis precaucións dende a cabeza ata os pés.
O camiño da comunicación continúa. O Xabarín pode bailar na varanda. As normas de hixiene son unha nova e repetida carta de axuste.
Quen sae nas pantallas non pode máis que falar coa maquilladora. Presentadores apañándose sós antes do contarlles as informacións elaboradas nunha redacción de estraño tacto, de varias limpezas ao día. E moito menos transitada.
Teletraballo. Silencio. Pero non sempre, cando hai fillos...
E, para a rúa, coches desinfectados e un plástico separador. Protección para o entrevistado e distanciamento, distanciamento con pértega ou sen ela.
Tal vén sendo a nova paisaxe neste servizo público esencial que en estado de alarma tamén continúa entrando cada día na súa casa.