CRTVG

Buscar

Aumentan as insolvencias e o 90% dos concursos acabarán co peche da empresa

Publicado o 23/04/2020 15:22

O peche prolongado dos negocios podería levar a moitas empresas á insolvencia. De feito, dende COAGA, un grupo de avogados concursais, alertan de que a maioría dos concursos de acredores derivados desta crise poderían acabar no peche dos negocios.

Din que as peor paradas serán as pequenas e medianas empresas. O avogado Ángel Andújar estima que máis do 90% dos concursos de acreedores poderían rematar coa liquidación da empresa.

Dende COAGA din que é moi importante anticiparse para evitar unha quebra irreversíble, por iso lembran aos empresarios que os casos máis graves teñen a posibilidade de acollerse á lei de segunda oportunidade.

Ángel Andújar explica que este mecanismo é ideal para casos graves porque permite refinanciar as débedas ou incluso perdoalas completamente.

Os expertos concursais tamén lles piden ás administracións que poñan en marcha avais para formalizar préstamos que axuden a sufragar gastos correntes.

Entenden que é unha medida que aliviaría a situación que están a atravesar moitas pequenas e medianas industrias e que evitaría o peche de empresas.

Noticias web

23/04/2020